viernes, 8 de enero de 2016

O Gótico (XII-XIV-XV)

A Arquitectura Gótica: Xurdiu do románico, mais rematou opóndose á masividade e a escasa iluminación interior das súas igrexas. Desenvolveuse fundamentalmente na arquitectura relixiosa (mosteiros e igrexas).



A Escultura Gótica: A escultura atopou o seu lugar no exterior das catedrais e igrexas, coa excepción do altar e unha decoración vexetal e xeométrica en moitas partes do interior; evolucionando desde o naturalismo de cariz clasicista do século XIII a unhas figuras realistas e expresivas que parecen que se moven e procuran un perfil en ese, chegando no século XV a un patetismo acentuado que se transluce no pregado agudo das roupas.


A Pintura Gótica:  A transición do románico ao gótico é moi imprecisa e non hai un claro corte, e podemos ver os comezos dun estilo máis sombrío, oscuro e emotivo que no periodo previo, a principios do século XIII.



No hay comentarios:

Publicar un comentario