viernes, 8 de enero de 2016

O Románico (XI-XII)


O románico surxe en Europa como consecuencia da renovación espiritual e abarca dos siglos XI ao XIII. Esto fixo que se fixeran  moitas igrexas e moitos edificios relixiosos. As primeiras construccións fixéronse en Lombardia, Borgoña e Normandía e dende alí difundíuse por toda Europa.


Arte Románica: Xorde como consecuencia da prosperidade material e da renovación espiritual que inspirou a construción de gran número de igrexas e de edificios relixiosos. Difundíuse por toda Europa, debido a:
  • Expansión das ordes relixiosas que constrúen mosteiros. Estes son fonte de riqueza e centro cultural e urbano da sociedade.
  • As peregrinacións (a través do Camiño de Santiago)
  • Aumento da influencia da igrexa.  


Arquitectura Románica: Está ligada ás grandes reformas monacais, ás peregrinacións e ás cruzadas, tamén coincidiu co renacemento da cidade como núcleo urbano e de produción artesanal e que urbanisticamente xiraba arredor do edificio da igrexa-catedral.


Escultura Románica: A escultura tivo unha estreita relación coa arquitectura,  inseríndose no seu lugar como un elemento complementario, e dedicouse principalmente ao ensino das escenas bíblicas con relevos de pedra que fosen comprensibles para os crentes laicos.


Pintura Románica: Desenvolveuse no interior das igrexas románicas, decorando con frescos o muro e a bóveda e tamén no claustro, repite o repertorio iconográfico da escultura románica e ten tamén unha finalidade didáctica. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario